3/4/08

O PARTIDO POPULAR INTERPÓN DÚAS DEMANDAS NO XULGADO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA O EXECUITVO LOCAL

O Partido Popular de Dodro interpuxo no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela dúas demandas contra o executivo local.

A primeira con referencia ó Pleno extraordinario do día 24 de xaneiro solicitado polo PP, no que o alcalde non someteu a votación os puntos propostos polo PP na orde do día.

A segunda con referencia ó Pleno ordinario do día 29 de xaneiro no que se aprobaron os Presupostos do Concello para o ano 2.008 co voto de calidade do alcalde, no que éste cambiou a data do pleno ordinario do día 25 para o día 29, entendendo o PP que non ten competencia para facelo.

As dúas demandas foron admitidas a trámite polo maxistrado-xuez con data 31 de marzo de 2.008