9/11/08

ALBERTO NUÑEZ FEIJOO VISITA DODRO






O PRESIDENTE DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA, ALBERTO NUÑEZ FEIJOO, VISITOU DODRO NA TARDE DO SABADO 8 DE NOVEMBRO

O Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, visitou Dodro a media tarde do sabado día 8 acompañado por Carlos Negreira e Manuel Alvarez Campana.

Alberto Nuñez Feijoo interesouse polas obras da Autovía do Barbanza e os problemas que ten o Concello con estas obras. Os Populares de Dodro acompañáronos a ver algunhas das obras. Unha das que visitaron é no punto quilométrico 9 á altura de Bexo onde hai unha boca de desaugadoiro de 1 metro e medio de diámetro que desemboca no terreo dunha casa particular e que cando chove inunda a casa dos propietarios. O Presidente do Partido Popular de Galicia preocupouse por este problema e outros do Concello de Dodro e asegurou que tomarían as medidas oportunas para que se emendasen.

Posteriormente Alberto Nuñez Feijoo e os populares de Dodro desprazáronse ao Mesón de Bexo onde lles agardaban un grande número de veciños.
Alí o Presidente dos Populares tivo unhas palabras para todos os veciños alí congregados.
Entre outras cousas falou das próximas eleccións autonómicas. Manifestou que "Cando un goberno despois de gobernar está moito peor que antes, é unha razón básica para cambiar o goberno.
Hai moitísimas razóns para cambiar un goberno pero hai unha básica.
Cando un goberno non é capaz de dar boas noticias a Galicia, cando non é capaz de que a economía funcione mellor, cando non é capaz de crear postos de traballo senón destruír emprego porque levamos un 15% máis de crecemento de paro en Galicia (400 persoas diarias vanse ao paro en Galicia), cando un goberno non foi capaz de estar á altura das circunstancias o lóxico é que o pobo lle pase factura".

Tamén falou da Autovía do Barbanza, "A desfeita que están a facer coa Autovía do Barbanza, unha desfeita no momento da súa adxudicación que custou cinco mil millóns de pesetas máis cara, intentan escamotear os metros cadrados de tubos, intentan escamotear os desaugadoiros, invaden as propiedades privadas sen importarlles nada"
Fixo referencia aos desaugadoiros da autovía que invaden propiedades privadas como a que acababa de ver en Bexo e a moitas máis que hai en todo o Concello. "Unha vez que marchen da estrada non van volver para solucionar nada"

Entre outros temas tamén fixo referencia ao deslinde de costas e os veciños que se ven afectados por el.

Para finalizar, O Presidente dos Populares dixo "Ímonos presentar non para gañar, senón para gobernar", invitou a traballar máis que nunca e pediu o voto aos veciños de Dodro, "o voto para gobernar, para falar de emprego e non de paro, para falar de prosperidade e non de retroceso, para facer un país unido e non dividido. Só os que cren que son capaces de gañar gañarán ".

Posteriormente serviuse un viño e Alberto Nuñez Feijoo despediuse entre aplausos de todos os veciños alí congregados.