24/1/09

O PSG-BNG PONLLE PRECIO Á VIOLENCIA

O PP DE DODRO DENUNCIA ACOSO ÓS FUNCIONARIOS DO CONCELLO TRAS O LITIGIO DO ALCALDE CO EX MONITOR
O Partido Popular de Dodro quere denunciar o absoluto mutismo do BNG, que co seu comportamento non fai senon aprobar o exercicio da violencia por parte do alcalde e socio de goberno Arturo Díaz. Para o BNG a violencia non existe cando ésta é exercida pola esquerda e pon en risco a súa parcela de poder, poñendo de manifesto a absoluta miseria moral dos seus dirixentes. Tanto o BNG como PSOE CO SEU APOIO INCONDICIONAL Ó AGRESOR ARTURO DÍAZ ESTÁN XUSTIFICANDO O USO DA VIOLENCIA PERANTE OS MÁIS XÓVENES, E O PEOR É ESO, O EXEMPLO QUE ESTÁN DANDO OS MÁIS XÓVENES. PARA O BNG E O PSOE O USO DA VIOLENCIA POR QUEN DEBERA DAR EXEMPLO TEN PREMIO: A PERMANENCIA NO PODER.

O Partido Popular quere denunciar tamén as maniobras que tenta levar a cabo o sr. Díaz co fin de responsabilizar ó exmonitor da súa agresión.
O martes 20 na Casa do Concello realizouse unha reunión de empregados, supoñemos que auspiciada polo alcalde sr.Arturo Díaz, por un espazo de dúas horas, onde se lle deron indicacións das declaracións que terían que facer os empregados do Concello cando fosen chamados a declarar, no sentido de sinalar a Alfonso Fernández (exmonitor) como unha persoa agresiva, en tanto que deberían de referirse ó alcalde Arturo Díaz como unha persoa afable e non violenta.
O Partido Popular quere destacar que cando Alfonso Fernández foi despedido do seu posto de monitor, todos os rapaces de Dodro se deron de baixa das actividades deportivas, e foron ós propios pais os que reclamaron a colaboración de Alfonso Fernández para continuar con ditas actividades a través de varias asociacións e clubes, o que constituie unha clara mostra do cariño que lle teñen os rapaces, e que a todas luces é incompatible cunha personalidade agresiva. Decir que Alfonso Fernández é unha persoa agresiva, é tanto como calificar os pais dos cativos como auténticos irresponsables por deixalos a cargo do exmonitor.
As declaracións feitas polo sr. Díaz, atribuindo ó Partido Popular unha conspiración para provocar que lle dese unha puñada ó exmonitor deportivo denota certa paranoia e obsesión co Partido Popular, que non ven a ser senon un claro sinal do estado mental do actual alcalde socialista e da súa maneira de ser e de actuar. O que realmente resulta escandaloso é que habendo 6 persoas cando se produxo a agresión, ningunha lle prestara o deber de auxilio, ó que toda persoa ten dereito e máxime encontrandose nun local público con persoal ó servizo da administración local. Os concelleiros do Partido Popular acudiron ó Concello ó enterarse dos feitos para prestarlle auxilio e ver o que acontecera. Debemos manifestar que cando chegamos ó Concello se nos indicou que non podíamos pasar xa que o Sr.Alcalde dera orde de que non entrara ninguén no Concello. E increible que tiveran que ser os concelleiros do Partido Popular os que asistiran ó exmonitor deportivo, e se lle negase calquer tipo de axuda.

A actitude do alcalde Arturo Díaz dende o inicio da lexislatura está marcada por un absoluto autoritarismo máis propio doutros rexímenes políticos que dunha democracia avanzada. Segundo propias fontes do PSOE-PSG de Dodro, á secretaria titular,de baixa médica actualmente, abriráselle un expediente laboral con intención de expulsala do Concello, en canto se incorpore ó seu posto de traballo. Outros funcionarios están baixo tratamento médico pola situación de estrés que se vive no Concello dende a chegada do goberno PSG-BNG, provocada polas continuas ameazas e vexacións ás que se ven sometidos; tal situación chega ó extremo de que se vixían e controlan calquer tipo de conversa que poidan ter cos concelleiros do Partido Popular, obrigando a estes a evitar ó máximo as relacións normales cos empregados do Concello co fin de que non se vexan prexudicados no seu posto de traballo. Esta situación está a facer totalmente insoportables as condicións de traballo para os empregados ante a que se sinten totalmente indefensos.
A agresión do alcalde ó exmonitor non é senon a gota que colmou o vaso do absoluto autoritarismo e sectarismo co que ven gobernando o PSG e o BNG e ca total falla de respeto ás máis elementais normas democráticas. E para que sirva de proba desta manifestación do Partido Popular tan só dous exemplos moi ilustrativos:
1) O día 17 de outubro de 2008 foi aprobado o PXOM polo PSG e o BNG. Ó Partido Popular foille remitida a documentación do PXOM tan só 24 horas antes do pleno, co único obxectivo de que non tivese tempo material de presentar ningunha opción alternativa e co fin de presionar ós seus concelleiros para que votasen a favor da proposta presentada polo PSG E O BNG.
2) O pasado día 21 de decembro celebrouse a XXI edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, premio de poesía que goza dun notáble prestixio en Galicia e no que sempre ata agora participou a corporación ó completo. Nesta última edición, o Tenente-Alcalde e concelleiro de Cultura do BNG, sr. Anxo Franco, decideu non invitar ós concelleiros do Partido Popular, intentando que quedaran á marxe do que constituie o día máis importante das actividades que realiza cada ano o Concello, e intentando que únicamente figurase o BNG nun exercicio de puro sectarismo. Así, por primeira vez dende fai 21 anos non estiveno representadas todas as forzas políticas que representan ós veciños de Dodro.