13/2/09

CHEGOU O MOMENO DE FEIJÓO


















A AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA ADMITE UN RECURSO INTERPOSTO POLO PARTIDO POPULAR

O ALCALDE ARTURO DÍAZ DEBERÁ PRESTAR DECLARACIÓN SOBRE A SÚA ACTUACIÓN EN RELACIÓN CON OBRAS URBANÍSTICAS DENUNCIADAS POLO PARTIDO POPULAR DE DODRO
A Audiencia Provincial de A Coruña admiteu o recurso interposto polo Partido Popular de Dodro, ante o sobreseimento da denuncia presentada no Xulgado de Padrón. Dacordo ca sentencia da Audiencia Provincial, o alcalde sr. Díaz deberá prestar declaración sobre a súa actuación en relación con obras urbanísticas denunciadas polo Partido Popular e que están a crear un gran malestar entre os cidadáns, podendo derivar nunha posible responsabilidade penal por dexación da súa función supervisora.

A denuncia foi feita polo Partido Popular a raíz das reiteradas reclamacións para que por parte do equipo de goberno se supervisasen certas obras, algunha das cales, incluso podría supoñer a apropiación de propiedas públicas do Concello de Dodro, e foi motivo para crear e manter un conflicto co Concello de Padrón pola delimitación do deslinde entre ambos concellos.

De feito, aínda que inicialmente se ordenou a paralización dalgunha desas obras, o certo é que en ningún momento foron paralizadas de xeito efectivo, consentíndose por parte do goberno bipartito que se rematasen completamente.

Esta sentencia, pon de manifesto a falsedade das manifestacións feitas a semana pasada polo sr. Díaz onde declaraba que todas as actuacións xudiciais emprendidas polo Partido Popular foran arquivadas. De feito, hai dúas querellas penales admitidas a trámite e unha demanda presentada no xulgado contencioso pendiente de sentencia.

Unha vez máis, ponse de manifesto cando menos as irregularidades do equipo de goberno PSOE-BNG, que veñen utilizando o poder para o seu único proveito.

Neste sentido, cabe destacar o apoio permanente do BNG ó sr. Díaz, a pesar das súas reiteradas irregularidades e comportamentos antidemocráticos. Para o Partido Popular non cabe dúbida de que o BNG pretende conquerir que o PSOE chegue desgastado políticamente ás próximas eleccións municipais para o seu propio aproveitamento, aínda que eso supoña incurrir en posibles responsabilidades penales por parte do actual alcalde sr. Díaz, para vergonza de todos os cidadáns de Dodro.

Unha vez máis, o Partido Popular de Dodro quere reiterar o seu compromiso cos veciños de Dodro que lle depositaron a súa confianza, e non vai deixar de denunciar a utilización do poder de xeito partidista e arbitrario por parte do goberno PSOE-BNG.