28/3/09

PARÁLISE NO CONCELLO E NOVAMENTE IRREGULARIDADES

PARÁLISE NO CONCELLO DE DODRO E NOVAS IRREGULARIDADES EN CONTRATACIÓNS DE PERSOAL
O Partido Popular de Dodro quere manifestar publicamente a grave situación de parálise que está a vivir o Concello de Dodro pola absoluta falla de responsabilidade do Sr. Díaz e o Sr. Franco, máximos responsables do PSOE e o BNG respectivamente.
A día de hoxe, e xa cando levamos transcorridos practicamente 3 meses do ano 2009,
aínda non se aprobaron os orzamentos e nin sequera foron presentados.
Esto conleva que non se poda facer inversión algunha e o que é peor, constitúe un claro sinal da escasa importancia que lle merecen as necesidades dos veciños en Dodro.
Durante o ano 2008, dos 813.000 euros de inversión prometida polo Sr. Franco, non chegou a iniciarse ningunha das obras prometidas, destacando os 495.000 euros que ía a destinar a facer vivendas de aluguer e das que nunca máis se soubo, a pesar de ser anunciadas a bombo e platillo.
Na situación actual, cos orzamentos supostamente prorrogados, o actual goberno PSOE-BNG poidera estar incurrindo en graves irregularidades por facer pagamentos non contemplados nos orzamentos de 2008, e para os que non existe partida orzamentaria algunha.
Por outra banda, o Partido Popular quere denunciar as graves irregularidades cometidas nos procesos de selección para ocupar postos de traballo que están baixo a dirección do BNG.
Así, pódese constatar que antes de ter publicado no BOP a lista de admitidos á selección para ocupar a praza de animador cultural, o tribunal de selección xa rematara o proceso selectivo; e incluso o mesmo día en que era publicada a lista de admitidos o propio sr. Alcalde nomeaba á persoa que ía a ocupar dita praza.
Noutro proceso de selección, a oferta remitida ó Servizo de Emprego por parte do Concello restrinxía de xeito sospeitoso as titulacións marcadas pola Consellería de Traballo, solicitando soamente 3 tipos de titulación de 1ª ciclo universitario, cando a remuneración corresponde a titulados de 2º ciclo, e cando na propia orde da Consellería de Traballo recollíase que os aspirantes serían aqueles que tiveran superado o primeiro ou segundo ciclo universitario, sen fixar ningún tipo de titulación concreta.
Na nosa opinión, unha vez máis as formas seguidas polo BNG nos procesos de selección veñen cargadas de irregularidades e poñen en entredito como mínimo a claridade e limpeza que deben primar en calquera proceso de selección de persoal.