3/9/09

CONCELLEIROS DO PP DE DODRO SE REUNIRON COA DIRECTORA XERAL DE INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA DE GALICIA

O pasado mes concelleiros do Partido Popular de Dodro, mantiveron unha reunión coa Directora Xeral de Infraestructuras dona Isabel Vila Barbosa.
O principal motivo desta reunión era trasladarlle á Directora xeral a preocupación existente entre os veciños do Concello de Dodro das obras pendentes de executar na Autovía do Barbanza ao seu paso por Dodro e a necesidade de executalas á maior brevidade antes de que cheguen as chuvias e con iso males peores.
No transcurso da reunión tratáronse, comentaron e valoraron a maioría das obras maiores pendentes, entre elas o acceso a Manselle, o carril de servizo entre Imo e Castro, o cuentón da veiga de Lestrove, e o de desaugadoiro en Bexo, con compromiso de executalas á maior brevidade, indicando que a grande maioría delas se comezarían a principios do mes de setembro.
Os concelleiros do Partido Popular insistiron na necesidade de acometer canto antes estas obras, e especialmente aquelas que por efecto das chuvias prexudican gravemente aos veciños, como acontece nos lugares de Lestrove e Bexo. Pola súa banda, a Directora Xeral mantívose absolutamente receptiva ás propostas dos concelleiros manifestándoos que cando menos, estas obras deberan estar finalizadas antes de comezar o inverno con algunhas modificacións de acordo con diversas solicitudes de afectados nalgunha obra en concreto.
Respecto á construción do carril de servizo entre Imo e Castro a falta de concretar datas de inicio e remate, todo apunta a que as obras se iniciarán no mes de setembro, co que os veciños deberan contar cun vial de servizo antes de finalizar o ano poñendo deste modo fin a unha situación absolutamente caótica e gravosa.
En relación co acceso de Manselle e tal como os representantes do Partido Popular de Dodro lle xa solicitaran o Delegado Provincial da Xunta de Galicia en diversas reunións, será bidireccional con anchura abonda para dous carrís, co que espera conseguir un acceso que permita o paso de todo tipo de vehículos.