27/11/10

AS "MENTIRAS" DO BNG

O BNG de Dodro presentou no Pleno do día 26 de novembro unha moción solicitando que a Xunta de Galicia execute a obra Pavimentación de camiños interiores en Bexo, incluido no PEIM 2.009

A continuación transcribimos a resposta que lle dimos á Sra. Victoria Rey deixando en evidencia que minte mais que fala:

"A presentación desta moción por parte do BNG e que sin dúbida tamén apoiará o PSOE, constituie un acto do maior cinismo político que se pode un encontrar. Porque xa no mes de setembro o BNG presentou unha moción sobre este mesmo tema, intentando enganar a esta corporación, e ós veciños de Dodro. Con aquela moción e con esta agora, o BNG, E PARA SER MÁIS CONCRETOS, A SRA. REY MARIÑO, falsea a realidade, minte, tratando con esto de fuxir da súa responsabilidade, e que os demáis crean que se non se fai a obra da Pavimentación de Bexo é por culpa da Xunta de Galicia.

NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. Porque o que realmente pasou, foi que o BNG e a Sra. Rey Mariño empregaron os fondos doutras subvencións para arranxar os camiños de Bexo, A PESAR DE QUE TIÑA CONCEDIDA A SUBVENCIÓN DO P.E.I.M. PARA FACER ESA OBRA POR IMPORTE DE 95.672 EUROS.
E sí, efectivamente o proxecto foille adxudicado á empresa TRAGSA, pero cando esta empresa chegou a Bexo para facer a obra, resulta que esa obra, xa fora feita por outra empresa e cos cartos doutros plans. Eso foi o que realmente pasou. Porque o BNG debía ter moita presa en arranxar os camiños de Bexo e xa non quixo esperar a que a empresa TRAGSA iniciase as obras.
E claro, ós señores do BNG non se lles ocorre mellor cousa que pedir unha modificación do proxecto para facer outra obra con eses cartos do PEIM. A PESAR DE QUE A LEY DE CONTRATOS PÚBLICOS PROHIBE A MODIFICACIÓN DE PROXECTOS, de tal xeito que mesmo a asesoría xurídica da Xunta de Galicia informou, como non podía ser doutro xeito, que non se podía modificar o proxecto para o que o concello de Dodro tiña asinado unha subvención de nada menos que 95.672 euros. E a pesar de que a Xunta de Galicia lle notificou en varias ocasións que non se podía modificar o proxecto, vostedes continúan mentindo, enganando ós veciños para ocultar a súa incompetencia. Esto chámase cinismo en estado puro.
Di vostede Sra. Rey na súa moción, que según a empresa TRAGSA non se vai facer esa obra. I é verdade. É a única verdade que vostede di. Porque esa obra xa se fixo con outros cartos, e agora, grazas á súa ineptitude política, grazas á súa absoluta incompetencia para xestionar os fondos públicos, grazas á súa prepotencia sen límites, á súa vanidade, o Concello de Dodro acaba de perder outra vez outra subvención que xa tiña concedida, e nada menos que por importe de 95.672 euros.
95.000 euros que se suman ós 83.000 euros que o concello de Dodro perdeu por non xustificar a inversión de 183.000 euros do proxecto de Roteiros na Memoria, a pesar de que lle concederon unha prórroga de 6 meses,
95.000 euros que se suman ós 60.000 euros cos que a Deputación subvencionaba a instalación de iluminación en campos de fútbol, e que se pagou cos cartos da Comunidade de Montes,
95.000 euros que se suman ós 30.000 euros que se perderon por non saber xestionar axeitadamente os fondos do segundo Plan E da Administración central.
É decir, vostedes, Sra. Rey Mariño, o seu BNG e o seu socio o PSOE, en tan só 3 anos e medio fixeron perder ó concello de Dodro nada máis e nada menos que 268.000 euros en subvencións que estaban concedidas.
268.000 euros que recaen sobre as costas dos veciños de Dodro, e que vostedes lles están a sacar a través das Comunidades de Montes, que vostedes lles están expoliando do patrimonio dos comuneiros por culpa únicamente da súa absoluta ineptitude.
268.000 euros que os veciños de Dodro temos que pagar porque vostede Sra. Rey Mariño e o seu partido non ten capacidade para xestionar os fondos públicos tal e como queda demostrado.
Se algo quedou demostrado nestes 3 últimos anos é a súa total incompetencia ó fronte deste goberno, que non fixo senon crear problemas onde non os había, de sumerxir ó Concello nunha profunda e difícil situación económica, a pesar de que recolleron vostedes unha situación totalmente saneada e sen problemas.
Son vostedes unha carga para os veciños de Dodro, e cando deixen os seus postos faránlle o mellor dos favores ó noso Concello."