30/12/10

ACOSO LABORAL A FUNCIONARIAS E APERTURA DE EXPEDIENTE DISCIPLINARIO

O Partido Popular de Dodro solicitou Pleno extraordinario para debater a baixa laboral da Secretaria e Administrativa do Concello, funcionarias sometidas a un presunto acoso laboral xa como indicou no pleno do pasado 10 de decembro este grupo político presentando moción urxente e non deixando nin sequera léela o Sr. Alcalde, polo que nos vimos obrigados a solicitar un Pleno Extraordinario, que se celebrou hoxe venres día 30 de decembro ás 13,30 h.
Transcribimos íntegramente a nosa intervención. Só cabe decir que ó que van leer a continuación, o Sr. Alcalde, Arturo Díaz, respostou que as relacións laborais son da alcaldía e que non é unha competencia política e a Sra. Victoria Rey respostou "intentan queimar a unha candidata".
¡Dende logo sobran as palabras! Por suposto, en referencia ó expediente disciplinario que o Sr. Alcalde lle abreu á secretaria do Concello, nin o Arturo Díaz nin Victoria Rey dixeron ni mu.
Esta é a nosa exposición:
Defínese o acoso laboral como tanto a acción dun fustigador ou fustigadores conducente a producir medo ou terror no traballador afectado cara o seu lugar de traballo, como o efecto ou a enfermidade que produce no traballador. Esta persoa ou grupo de persoas reciben unha violencia sicolóxica inxustificada a través de actos negativos e hostís no traballo por parte dos seus compañeiros, dos seus subalternos ou dos seus superiores. Dita violencia sicolóxica prodúcese de xeito sistemático e recurrente durante un periodo de tempo prolongado, ó longo de semanas, meses e incluso anos, e á mesma en ocasións se añaden accidentes fortuitos, e ata agresións físicas nos casos máis graves.
O que se pretende en último término con este hostigamento, intimidación ou perturbación (ou normalmente a conxugación de todas elas) é o abandono do traballo por parte da víctima, a cal é considerada polos seus agresores como unha molestia ou ameaza para os seus intereses persoais.

Desgraciadamente nos primeiros días deste mes de decembro, producíronse nas oficiñas deste concello uns feitos que poderían chegar a constituir o resultado dunha acción de acoso laboral que se vería mantendo contra dúas funcionarias, administrativa e secretaria respectivamente deste Concello. O estado de ansiedade que acadou a administrativa foi de tal envergadura que inmediatamente debeu de ser levada a un centro médico para ser atendida, sen que ata o momento, e por prescripción médica poda incorporarse ó seu posto de traballo.

Segundo se desprende dos feitos ocorridos, é posible imaxinar que dende fai varios meses, poderíanse estar cometendo accións dirixidas a socavar o estado sicolóxico destas dúas persoas co único fin de que deixaran o seu posto de traballo. E poderíase decir a estas alturas, que o obxectivo estaría cumprido, pois tanto a administrativa como a secretaria víronse obrigadas a aceptar a baixa médica a causa do estado de enorme ansiedade no que se atopaban.

Un estado de ansiedade que podería estar causado pola negación de xeito inxustificado das súas funcións que pola súa categoría laboral lle corresponden. A sra. Zúñiga, a pesar de ser a administrativa con maior antigüedade (23 anos) no noso Concello obrígaselle a facer traballos que corresponderían a unha categoría laboral inferior.
Á secretaria titular do noso Concello non se lle permite o acceso á documentación dos expedientes, a pesar de que esta debera ser unha cuestión primordial, pois é función da secretaría a organización dos servizos administrativos. Ou,
¿Acaso é normal, que quen exerce a función de secretario nun concello non teña acceso á documentación dos expedientes? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que o funcionario de maior rango teña que adicar o seu tempo de traballo a facer fotocopias? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que o secretario dun Concello teña que adicar o seu tempo de traballo a transcribir as actas tal e como se lle insinuou? Non,non é normal.
¿Acaso é normal que o secretario dun Concello non poida facer o seu traballo porque non hai ningunha persoa que lle busque os expedientes que necesita? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que o secretario dun Concello non se lle permita organizar o traballo do resto dos funcionarios que ten ó seu cargo? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que o alcalde ignore a súa presencia e fale ca secretaria sempre a través de terceiras personas, incluso diante de veciños do noso concello? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que sempre se lle cuestionen as decisións que tomaban as dúas vítimas diante dos veciños? Non, non é normal.
¿Acaso é normal que se intente denigrar que se intente denigrar e avasallar a estas duas persoas diante de veciños? Non, non é normal.

Un caso claro, que pon de manifesto de ata qué punto se lle intenta vaciar de contido as súas funcións o constituie o feito de que o informe xurídico incluido no expediente da construcción do Centro de Artes Escénicas, que por certo se lle ocultou ó Partido Popular, non foi elaborado pola secretaria do Concello de Dodro como sería o natural, senón por unha terceira persoa que non ten nin siquera vinculación laboral con este Concello. Esto, señores, non é normal.

Outro caso que pon de manifesto cómo se lle intenta quitar áreas de responsabilidade. Un concelleiro do Partido Popular cando se puxo en contacto ca secretaria para coñecer o procedemento a seguir tras remitir a Xunta de Galicia o informe negativo sobre o PXOM, esta manifestoulle que non tiña constancia dese informe. É decir, a persoa que debe realizar e organizar os trámites para a aprobación do PXOM, resulta que cando xa todos coñecíamos que a Xunta informou desfavorablemente o PXOM, AÍNDA NON TIÑA COÑECEMENTO DESE INFORME. Esto señores, tampouco é normal.

Poderíamos contar tamén a absoluta desconsideración mantida ca sra. Zúñiga cando se lle negaron nun principio días de permiso ós que tiña dereito, para atender a sua nai gravemente enferma, e houbo de recurrir a un procedemento extraordinario para facer valer os seus dereitos, non só como funcionaria, senón mesmo como persoa.

Outro caso evidente en sí mesmo. Ante a ausencia temporal da secretaria a sra. Fondevila, o alcalde non tivo maior reparo en nomear temporalmente como secretario ó exalguacil, e agora auxiliar administrativo, en lugar de seguir o escalafón normal de categorías laborales, de tal xeito que tería que ser a sra. Zúñiga a nomeada como secretaria temporal.

Pero o ocorrido nos primeiros días deste mes, contou cunha testemuña excepcional, a sra. Rey Mariño, concelleira de Benestar Social e segundo ela mesmo se declara, firme defensora das mulleres acosadas.

A sra. Rey se quixera podería explicar perfectamente qué ocorreu nas oficinas deste Concello e a qué se debeu. A sra. Rey, a que di que hai que loitar contra a violencia machista, a que lles di ás mulleres que deben denunciar os acosos ós que se ven sometidas, a que denuncia as graves consecuencias sicolóxicas que a violencia expresada a través das súas múltiples variantes pode causar ás mulleres.

No pleno do pasado día 10, tivo, sra. Rey, tivo unha excelente oportunidade de demostrar a solidez dos seus principios, e ata qué punto eses principios están por riba da súa ambición política.

No pleno do pasado día 10 tivo sra. Rey unha excelente oportunidade de demostrar ata onde chega o seu verdadeiro compromiso coa defensa das mulleres e en contra de calquer abuso cometido contra as mulleres.

No pleno do pasado día 10 tivo sra. Rey unha excelente oportunidade de demostrar ata onde chega o seu pacto co PSOE.

No pleno do pasado día 10 a sra. Rey demostrou dun xeito absolutamente claro que está disposta a pasar por riba de calquer cousa e persoa con tal de manterse no cargo. Demostrou a sra. Rey ter unha ambición política sen límites e un cinismo e hipocresía absolutamente desmedidos.

Di vostede sra. Rey no seu comunicado de prensa que “tal situación denúnciase no xulgado”. ¿Qué quere decir con iso? ¿Que mentras non hai denuncia non hai acoso? ¿É iso a súa mensaxe para as mulleres acosadas? ¿É iso o que vostede lles di ás mulleres acosadas e maltratadas? ¿É ese o tipo de apoio que unha persoa con responsabilidade política debe prestar a quenes traballan nada máis e nada menos que baixo a súa responsabilidade? ¿É ese o exemplo de actitude que vostede traslada e dexexa que a sociedade acolla como modelo a seguir? Sra. Rey, ¿considera vostede que unha persoa valéndose da súa autoridade, que irrumpe no despacho dunha funcionaria, e pecha a porta impedindolle que poida saír, non é acoso? ¿Cree vostede que iso non é acoso? Pois iso sucedeu, e diante de veciños do noso Concello.

Di vostede sra. Rey no seu comunicado de prensa que “non é da súa competencia nin responsabilidade”. Pero ¿cómo se pode actuar con tanto cinismo? Vostede forma parte de xeito destacado dun goberno para o cal traballan directamente os funcionarios deste concello, e polo tanto, a administrativa e secretaria da plantilla. Vostede ten adicación supostamente exclusiva, e pasa unha importante parte do seu tempo laboral nas oficinas deste concello. Cando menos debería coñecer a situación laboral dos funcionarios, e máis cando estamos a falar dunha plantilla nestas oficinas de só 6 persoas. Que o alcalde sexa o xefe de personal non lle exime a vostede de descoidar as súas funcións como representante público e da súa responsabilidade como tal. E polo tanto, como membro do goberno municipal non pode vostede consentir baixo ningún concepto unha situación que provocou a baixa laboral de dúas traballadoras.

Pero é que aínda lle quedan a vostede folgos para decir que esta situación responde “a un conflicto interno entre traballadoras”.

Sra. Rey, ¿Sabe vostede que é esto? Este é o escrito dirixido á Xunta de Galicia para que nomee unha persoa que instruia o expediente disciplinario contra a que leva máis de 23 anos de secretaria no concello de Dodro sin a máis mínima mancha na súa traxectoria. Con data 10 de decembro, é decir, o mesmo día que o Partido Popular presentaba a súa moción para debatir sobre a creación dunha comisión de investigación sobre este asunto, o goberno PSOE-BNG, vostede sra. Rey Mariño e o seu amigo o sr. Díaz iniciaban os trámites para abrir un expediente disciplinario á secretaria titular. ¿E di vostede que é un conflicto interno entre traballadoras? ¿Dende cándo un conflicto interno entre traballadoras se arranxa cun expediente disciplinario? Porque todos sabemos o que significa un expediente disciplinario, que non é senon a forma de despedir a un funcionario.
Está a actuar vostede co maior cinismo que se pode dar nunha persoa. Sabía vostede cando se iniciaba o pleno que xa deran vostedes os primeiros pasos para iniciar un expediente disciplinario e a pesar diso dille vostede á prensa que só se trata dun conflicto interno entre traballadoras.

Creo firmemente, tendo en conta a definición de acoso laboral que leín ó primeiro da miña intervención, que as baixas da administrativa e secretaria deste Concello responden a unha situación de clarísimo acoso laboral. Vostede sra. Rey Mariño, non é como o sr. Arturo Díaz, está claro que non. O seu comportamento político sra. Rey Mariño é moito peor, porque vostede sabe o que ocorre e aínda así está a consentir que se xogue mesmo ca vida das persoas como si de marionetas se tratara.

Si realmente tivera vostede un átomo de humanidade podería comprobar perfectamente as gravísimas consecuencias que esta situación, na miña opinión, de auténtico acoso laboral está a provocar nestas dúas vítimas, funcionarias cun expediente intachable durante máis de 23 anos, e que nunca tiveron ningún tipo de problema neste concello nin con ningunha outra administración.

E non pense vostede, Sra. Rey que nos imos esquecer deste asunto. Non pararemos ata que todos os veciños coñezan toda a verdade sobre este asunto e o que vostede fixo e consinteu. Intentou vostede tapar xa unha vez ó sr. Díaz, pero tanto ese caso como o que agora nos ocupa van saír á lús, e todos os veciños saberán toda a verdade do que vostede ocultou, antes e agora.

Agora só lle queda a vostede apoiar ó PARTIDO POPULAR para impedir que o sr. Díaz continúe un día máis como alcalde de Dodro. E se non, a única salida que ten e presentar a súa dimisión por consentir e apoiar unha situación insostible, e que na nosa opinión, constituie un caso flagrante de acoso laboral.