31/1/11

¡ INCREIBLE ! VICTORIA REY CHAMALLE A ATENCIÓN A UN XORNAL POR PUBLICAR UNHA NOTA DE PRENSA DO PP

¡ VER PARA CREER !

O Partido Popular de Dodro ten por costume remitir as súas notas de prensa a todos os xornais.
O día 20 de xaneiro o Xornal Certo publicou na súa web unha nota de prensa remitida por nos: http://certo.posterous.com/dodro-o-pp-asegura-que-o-concello-perdeu-9500

Neste xornal dixital os lectores poden deixar comentarios e... ¿de quen pensan que é o primeiro comentario? Pois de Victoria Rey! Se ve que non lle gustou a noticia e intentou "reprender" ó xornal,.. aínda que saleu "escaldada".

Transcribimos literalmente os comentarios sobre a nota de prensa, e tamén poden velos en: http://certo.posterous.com/dodro-o-pp-asegura-que-o-concello-perdeu-9500

Jan 22, 2011
Victoria said... Xente como esta do PP, que minte por sistema, hoxe sí e mañán tamén, son os que fan que a política perda credibilidade. Señores e señoras de Certo, que fan tan ben o seu traballo, teñan tamén o rigor de contrastar as noticias, por favor.

Jan 22, 2011

Xornal Certo said... Victoria, como xa lle explicamos nunha ocasión, as declaracións políticas non se contrastan -teríamos que ser concelleiros ou estar na comisión de goberno para facelo, e só somos mensaxeiros, non parte interesada-. É vostede a que ten que dicir que é falso. O outro día ocorreu o mesmo coas pancartas dos veciños: uns enviaron a noticia e outro dixo que era falso, aquí nos comentarios. Para iso están. E se quere outra nova replicando, en Certo nunca tivo problemas para publicar o que quixera, non é certo?

Jan 22, 2011
Veciño de Bexo said... Como se nota que están preto as eleccións, Victoria fai calquera cousa por tentar manter as súas ESCASAS (o BNG é actualmente a 3ª forza política do concello) posibilidades de facerse coa alcaldía tralas eleccións. Por eso segue negando a responsabilidade do BNG, e a que poida ter ela, na non execución da obra de arranxo dos camiños de Bexo, e segue chamando mentirosos ós do PP por dicir a verdade.Máis verdade e resposabilidade e menos ambición política.

Jan 25, 2011

Abel Tarrio Abuin said... tes a leccion ben aprendida e veciño de bexo,desprestixiar a vitoria e o bng,pero xa coñecemos a maneira que ten o pp de facer oposicion,calumniar ,desprestixiar ,insultar...o que "vos" molesta e que a xente se de conta de que o pp dalle a espalda a aldea de bexo e os seus veciños.e para os de certo decir que se forades concelleiros poderiades contrastar a noticia¿de que partido?

Jan 25, 2011

Xornal Certo said... O Partido Certiano, por suposto. Sigan tirando ao mensaxeiro, estamos acostumados (vivimos en España, é gaxe do oficio)

Jan 26, 2011
Veciño de Bexo said... Deixade de mentir oh, e de paso de votar merda sobre outros partidos por erros que comentestes vós. A maioría de veciños de Bexo sabemos o que pasa realemnte e non nos imos deixar enganar polas falacias de determinado partido político.

29/1/11

OS VECIÑOS DE MANSELLE QUEISÁNXE DAS OBRAS DO PSOE




O Partido Popular de Dodro quere por de manifesto o descontento que reina entre os veciños de Manselle polo arranxo que a Concellería de Obras fixo no Souto. Seguindo as ordes do Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, o solo asfaltado foi sustituido por pedras pero sen ningún tipo de orden de tal xeito que agora ca choiva a auga fai pozas e acumúlase a terra que arrastra a auga. Segundo se pode comprobar perfectamente, o nivel do chan agora é máis alto en case 10 centímetros que as rúas que desembocan no Souto, de tal xeito que non deixa correr a auga e para poder chegar ó Souto hai que poñerse botas. Os veciños de Manselle quéixanse tamén do encintado das pedras que parece que fora feito por un mal aficionado da albañilería. “Un rapaz faino mellor”, manifestan algúns destes veciños. Segundo din os veciños, a obra empezou ben cun canteiro, pero logo déronlla a unha empresa e “puxeron pedras de calquera xeito e tamaño e non lle deixaron a caída para que escorrera a auga”.
Para o Partido Popular o absoluto desorden e falla de control co que se están facendo as obras no Concello de Dodro, aparte de por de manifesto a incompetencia do Concelleiro de Obras, xenera prexuízos constantes para os veciños, e o que é máis importante, a corto prazo vai orixinar importantes problemas económicos para o Concello pois obrigará a destinar importantes recursos para arranxar as deficiencias e adecuar as obras xa feitas, en lugar de destinar eses recursos a novas inversións.