18/9/11

REUNIÓN COMARCAL DO PARTIDO POPULAR EN DODRO


O lugar elixido en esta ocasión para a reunión comarcal do Partido Popular foi Dodro, a cal celebrouse esta semana no Pazo de Lestrove.

A reunión acudiron o Presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo e Jose Manuel Alvarez Campana.

Entre outros temas tratáronse os problemas económicos dos concellos alí reunidos e posibles solucións.

11/9/11

¡ MOITAS FELICIDADES UXÍO !


UXÍO ABUÍN PROCLAMOUSE HOXE MEDALLA DE BRONCE NO CAMPEONATO GALEGO DE TRIATLÓN CELEBRADO NA CORUÑA
¡ MOITAS FELICIDADES CAMPIÓN !

2/9/11

AMODIÑO.DODRO/2011



A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro crea por primeira vez en Dodro un programa innovador dirixido ás persoas dependentes e os seus coidadores:

AMODIÑO.DODRO/2011

O programa consta de dúas partes diferenciadas:




Por unha banda saídas lúdicas para as persoas dependentes e os seus coidadores/as e pola outra banda de xornadas de respiro terapéutico para os coidadores.
Con este Programa preténdese por en marcha unha serie de saídas e actividades lúdicas para as persoas dependentes e os seus coidadores/as coa intención de facilitar ou facer posible que saian das súas casas e coñezan outros lugares, para que poidan disfrutar do sol, da natureza, do mar, de visitas guiadas... E isto paseniñamente..... ao seu ritmo.
Acompañados/as polas persoas que os coidan poderán participar nestas actividades todas as persoas dependentes valoradas nos graos I e II, e/ou aquelas outras que teñan á solicitude pendente de resolución.
Realizaremos algunhas actividades acompañados en todo momento por persoal especializado e contaremos con transporte adaptado en caso de ser necesario.
O custe das saídas, desprazamentos, monitores,... corre a cargo do concello é os participantes só deberán aboar o custe das comidas.
Comezamos o programa cunha Excursión ás Rias Baixas o vindeiro día 17 de setembro. A saída será ás 9h en dirección á praia de “Pedras Negras” en San Vicente do Mar, onde as persoas que así o desexen poderán realizar exercicios na auga acompañados/as por monitorizaxe especializado.
Ao rematar visitaremos a famosa illa de “A Toxa” e o pobo pesqueiro de “O Grove”. A comida será ás 14h, e pola tarde visitaremos Cambados para chegar a Dodro sobre as 8 da tarde.
O custo é de 12 € e as prazas son limitadas poidendo facer a inscricción ata o 12 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 802 466.
Dentro do programa AMODIÑO.DODRO/2011 organizaremos tamén Xornadas de Respiro Terapéutico para os coidadores.
Comezamos cunha viaxe ó “Balneario de Cuntis” o venres 23 de setembro con saída ás 15h e regreso ás 20h.
Consideramos dunha gran importancia a atención os nosos maiores dependentes. Este programa nace co obxectivo de facilitarlle as saídas ás persoas dependentes e mellorar o seu entretenemento e ó mesmo tempo de facilitarlle ós coidadores algúns días de respiro.











ACTUACIÓN DA CORAL POLIFÓNICA PADRONESA