29/1/11

OS VECIÑOS DE MANSELLE QUEISÁNXE DAS OBRAS DO PSOE




O Partido Popular de Dodro quere por de manifesto o descontento que reina entre os veciños de Manselle polo arranxo que a Concellería de Obras fixo no Souto. Seguindo as ordes do Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, o solo asfaltado foi sustituido por pedras pero sen ningún tipo de orden de tal xeito que agora ca choiva a auga fai pozas e acumúlase a terra que arrastra a auga. Segundo se pode comprobar perfectamente, o nivel do chan agora é máis alto en case 10 centímetros que as rúas que desembocan no Souto, de tal xeito que non deixa correr a auga e para poder chegar ó Souto hai que poñerse botas. Os veciños de Manselle quéixanse tamén do encintado das pedras que parece que fora feito por un mal aficionado da albañilería. “Un rapaz faino mellor”, manifestan algúns destes veciños. Segundo din os veciños, a obra empezou ben cun canteiro, pero logo déronlla a unha empresa e “puxeron pedras de calquera xeito e tamaño e non lle deixaron a caída para que escorrera a auga”.
Para o Partido Popular o absoluto desorden e falla de control co que se están facendo as obras no Concello de Dodro, aparte de por de manifesto a incompetencia do Concelleiro de Obras, xenera prexuízos constantes para os veciños, e o que é máis importante, a corto prazo vai orixinar importantes problemas económicos para o Concello pois obrigará a destinar importantes recursos para arranxar as deficiencias e adecuar as obras xa feitas, en lugar de destinar eses recursos a novas inversións.