13/4/11

AS CONTAS DO CONCELLO NO ANO 2.009

O pasado día 1 de abril celebrouse no Concello de Dodro a sesión da comisión de contas para aprobar as contas do ano 2009.

Unha vez máis o alcalde socialista Sr. Arturo Díaz e a tenente-alcalde do bloque Sra. Victoria Rey, coa colaboración do secretario substituto, ocultaron toda a información posible ós concelleiros do Partido Popular.

Se ben a lei marca claramente que a información das contas do Concello deben estar a disposición dos concelleiros 15 días antes, os representantes do Partido Popular a recibiron tan só 10 minutos antes de dar comenzo a reunión da comisión.

Tanto a Sra. Rey Mariño como o Sr. Arturo Díaz deron por boa a reunión a pesar de pisotear unha vez máis os elementais dereitos á información, e todo iso ca intención de esconder a dramática situación financeira pola que está a pasar o Concello de Dodro, tal e como ven denunciando o Partido Popular.

Así, se ben no ano 2008 o déficit foi de -135.000 euros, no ano 2009 o desfase orzamentario foi de -157.000 euros segundo a información facilitada polo propio goberno PSOE-BNG aínda que o Partido Popular ten sospeitas de que en realidade é moi superior. Pero é que ademáis o remanente de tesourería refrexa un déficit de -198.000 euros, o que significa que existe un desfase entre os gastos comprometidos e a financiación de máis de 500.000 euros como mínimo. A situación aínda é máis preocupante, si se ten en conta que os saldos en contas correntes do Concello de Dodro descenderon en máis de 250.000 euros en tan só un ano, e a pesar de que segundo a Sra. Rey Mariño o noso concello recibira moitas subvencións.

O máis grave é que estes datos refírense ó ano 2009, e aínda falta por coñecer a realidade do ano 2010 no que as subvencións e axudas víronse reducidas por causa da crise económica mentres os gastos do goberno PSOE-BNG non deixaron de medrar. O desfase económico a día de hoxe podería acadar o medio millón de euros o que equivale á capacidade de inversión do Concello durante ano e medio.

Tal e como xa fixo o goberno TOURIÑO –QUINTANA na Xunta de Galicia, o goberno DÍAZ-REY MARIÑO volve a facer o mesmo sen importarlle o máis mínimo os intereses dos nosos veciños e están conducindo o noso concello a unha situación que requirirá dun enorme sacrificio para poder saír adiante.