28/8/11

AS CONTAS DO CONCELLO DE DODRO DO ANO 2.010

O goberno do Partido Popular de Dodro fai público o resultado das contas municipais correspondentes ó ano 2010. Despois de case mes e medio de intenso traballo por parte do servicio de intervención e contabilidade do Concello de Dodro, logrouse presentar a conta xeral do Concello o venres 29 de xullo, evitanto deste xeito que a administración do Estado paralizase o pagamento das transferencias correntes e que constituien o principal ingreso do concello. A situación que se atopou o novo goberno demostra a absoluta irresponsabilidade do goberno PSG-BNG, que nin siquera iniciara o peche da conta xeral do ano 2010 para cumprir co prazo da súa presentación e que remataba no mes de xullo, a pesar de que o seu incumprimento conlevaba a suspensión dos ingresos correspondentes ás aportacións mensuais do Estado.

O goberno do Concello de Dodro manifesta a súa profunda preocupación polos datos obtidos ó remate do ano 2010 e que pon de manifesto a difícil situación económica das arcas municipais.

Dende o punto de vista orzamentario, o ano 2010 rematou cun desfase negativo de 258.870,27 euros, o que pon de manifesto que foron presupuestados ingresos que non se correspondían coa realidade, co que o único que se consigueu foi agravar a situación económica a pesar da crise económica coñecida por todos. Esta situación é máis grave se cabe, se temos en conta que xa no ano 2009 o desfase orzamentario foi de -157.000, o que pon de relieve que lonxe de tomar medidas para reducir o déficit, o único que fixo o goberno PSG-BNG foi incrementalo falseando a realidade e mantendo o engano ós veciños de Dodro.

Dende o punto de vista financieiro, e quizáis máis importante pola repercusión que elo conleva, o remanente de tesourería rematou no ano 2010 cunha cifra negativa de 469.199,60, cando no ano 2009 e segundo as contas presentadas polo goberno PSG-BNG xa fora negativo na cantidade de -198.000 euros. Dacordo ca legalidade, o presuposto para o vindeiro 2012 deberá facer fronte a esa diferencia de 469.000 euros, o que supón aproximadamente o 25 % de todo o presuposto. Esto significa que o Concello terá que reducir gastos por ese importe, ou ben, incrementar os ingresos nesa cantidade, o que da unha idea das graves dificultades nas que o novo goberno do Partido Popular terá que desenrolar a súa labor de goberno, así como o engano e falsedades que estivo a transmitir o goberno de Arturo Díaz e Victoria Rey Mariño ós veciños de Dodro.

Esta débeda que Arturo Díaz e Victoria Rey deixaron como “recordo” da súa estancia no goberno de Dodro, contrasta ca aportación de 480.000 euros feita polos veciños comuneiros de Dodro, e os máis de 250.000 euros que o Concello de Dodro perdeu en subvencións xa concedidas pola pésima xestión do goberno PSG-BNG.

Despois de recibir subvencións do Plan E por un importe superior ós 800.000 euros, despois de que os veciños comuneiros aportaran máis de 480.000 euros ó goberno de Dodro, despois de que o goberno PSG-BNG se permitira o luxo de “perder” nada máis e nada menos que 250.000 euros en subvencións, a sra. Rey Mariño e o PSG lle deixan como regalo 470.000 euros de débeda ós veciños de Dodro.

A ISTO DEBEMOS ENGADIR QUE ESTA CANTIDADE NON INCLUIE UNHA DÉBEDA DE 111.000 EUROS CON AUGAS DE GALICIA QUE NON FOI PAGADA POLO GOBERNO PSG-BNG NESTES ÚLTIMOS CATRO ANOS E NIN SIQUERA SE INCORPOROU Á CONTABILIDADE, A PESAR DE QUE ESTÁ RECLAMADA POR VÍA DE APREMIO E CUN RECARGO DE 12.000 EUROS. TENDO ESTO EN CONTA, A DÉBEDA REAL ASCENDERÍA A UN MÍNIMO DE 581.000 EUROS.

ASÍMESMO, TAMPOUCO SE RECOLLEU EN CONTABILIDADE A POSIBLE DÉBEDA POLO MANTENEMENTO DO CENTRO DE DÍA E A ESCOLA INFANTIL, FROITO DO ACORDO ASINADO POLO BNG, E QUE PODERÍAN CHEGAR A SUPOÑER UN NOVO INCREMENTO DE 250.000 EUROS CORRESPONDENTES ÁS ANUALIDADES DOS ANOS 2008, 2009 E 2010.

DE CHEGAR A CONFIRMARSE ESTO ÚLTIMO A DÉBEDA PODERÍA ACADAR OS 831.000 EUROS, O QUE SIGNIFICARÍA QUE PRÁCTICAMENTE O ORZAMENTO DO 2012 TERÍA QUE ADICARSE ÚNICAMENTE Ó PAGAMENTO DOS SALARIOS DOS EMPREGADOS DO CONCELLO DE DODRO.