5/11/12

INFORMACIÓN DE INTERES SOBRE A XESTIÓN DO PP NO CONCELLO

En relación co comunicado do PSOE local, o equipo de goberno do Partido Popular de Dodroquere por de manifesto o seguinte:

1. É notorio e evidente que o Concello de Dodro carece de persoal técnico cualificado, a diferenza do que ocorre noutros concellos.

2. Esta insuficiencia de persoal, supón unha sobrecarga de traballo no persoal técnico que impide dar unha maior fluidez á tramitación dos expedientes administrativos.

3. As vacacións do persoal durante os meses de verán, así como as recentes baixas por enfermidade, provocaron unha maior acumulación de tarefas que pon en perigo a contratación de obras con prazos fixados e a aceptación de subvencións que supoñen importantes inversións para o noso Concello.

4. Ante esta situación, o goberno do Concello de Dodro optou pola contratación dunha asistencia técnica que permita tramitar os expedientes máis urxentes e así mesmo, tramitar a documentación necesaria para poder aprobar os orzamentos do 2013 de tal xeito que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2013, o que sucedería por primeira vez na historia do noso Concello, a pesar de contar con menos persoal.

5. A retribución total da asistencia técnica (1.500 euros, IVE incluído)é inferior ó custo do auxiliar administrativo do Concello de Dodro, e si se considera a cantidade neta unha vez descontado o IVE e a seguridade social, esta se sitúa no mesmo nivel que o persoal de limpeza do concello, e un 70 % inferior ó que ven percibindo actualmente un funcionario do Concello do mesmo nivel.

6. O anterior goberno PSOE-BNG PAGABA MENSUALMENTE ¿1.200 EUROS? POLO SERVICIO DE ASISTENCIA URBANÍSTICA, QUE COMPRENDÍA SÓ 5 HORAS Á SEMANA. ACTUALMENTE, O GOBERNO DE DODRO TEN CONTRATADA A UNHA ARQUITECTA POR 1.500 EUROS Ó MES, E 21 HORAS Á SEMANA.

7. PARA A CONTRATACIÓN DA ARQUITECTA SIGUEUSE O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE ESTABLECIDO POLA LEI. A ABSOLUTA INEXISTENCIA NA LEI DE PROCEDEMENTOS ACORDADOS, PON DE MANIFESTO A ABSOLUTA IGNORANCIA DO PSOE, OU TAL VEZ, A SÚA COSTUME POR USAR PRÁCTICAS CACIQUÍS DURANTE OS SEUS CATRO ANOS DE GOBERNO.

8. Así mesmo, o goberno do Concello de Dodro, quere manifestar o absoluto cinismo co que ven actuando o PSOE de Dodro, e que foi o principal culpable co sr. Arturo Díaz Díaz á cabeza, da situación económica que está a pasar o noso Concello e que supón entre outras cousas:

• No primeiro ano e medio de goberno do Partido Popular, o Concello de Dodro ten que pagar máis de 100.000 euros por débedas anteriores ó ano 2007, e que se incrementaron en 12.000 euros por intereses, por non pagalas o goberno bipartito.

• Neste último ano e medio o goberno do PP tivo que pagar 3.000 euros en sancións por incumprimentos de subvencións do goberno PSOE-BNG.

• A débeda con provedores do goberno PSOE-BNG ascendeu a 500.000 euros, ó mesmo nivel que o Concello de Padrón, que triplica a Dodro en poboación, e que ten un presuposto catro veces superior.

• O pago do préstamo para cancelar esa débeda, suporá unha cantidade anual de 90.000 euros, (no ano 2012 a pesar dos recortes, só se ten que pagar 15.000 euros de intereses)o que esixirá un enorme esforzo presupuestario para poder acometelo.

• Nos catro anos de goberno PSOE-BNG os veciños de Dodro donaron máis de 460.000 euros a través das comunidades de montes para que o goberno fixera obras, e aínda así, o Concello de Dodro acabou cunha débeda de máis de 800.000 euros (800.000 euros se á débeda de provedores se suma a correspondente con administracións). É dicir, o goberno PSOE-BNG fixo perder en tan só catro anos máis de 1 millón de euros ós seus veciños.

• Como mostra se pode comprobar isto nalgunhas das obras feitas :

• Pista de volei-prai na veiga de Lestrove, totalmente inútil e inservible

• Pista de baloncesto na veiga de Lestrove, inservible porque a pintura do chan se solta e mancha o calzado, de tal xeito que ninguén a utiliza.

• Centro de Artes Escénicas, (máis de 180.000 euros invertidos) que non cumpre a normativa e non se pode utilizar.

En resumen, o goberno actual, ademais de gobernar e xestionar o presente, ten que pagar todas as débedas dos catro anos de goberno PSOE-BNG. No ano 2007 o Concello de Dodro era un dos concellos máis saneados da provincia de A Coruña, namentres que no ano 2011, se converteu nun dos máis endebedados e con máis problemas económicos.