20/7/13

A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR, ROSA QUINTANA, VISITOU DODRO ONTE POLA TARDE

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández, e polo director xeral de Agader, Antonio Crespo, reunironse co equipo de goberno no concello para tratar diversos temas de interés para Dodro e posteriormente visitaron as obras de pavimentación realizadas na praza pública da Casa da Cultura de Tallós.
 
Neste caso, os traballos consistiron no enlousado en pedra e granito deste espazo, así como a instalación dun panel informativo. 

O orzamento das obras superou os 35.000 euros, cunha achega da Xunta –a través das axudas para proxectos dinamizadores do medio rural– do 86,26% do total (algo máis de 31.000 euros).
 
No concello de Dodro están tamén previstas ou en execución outras obras de mellora de infraestruturas no rural financiadas polo departamento que dirixe Rosa Quintana, caso do acondicionamento e mellora da escola infantil, xa en execución  ou de mellora dos camiños na parroquia de Bexo cunha inversión de 90.000 €.

 

12/7/13

CONSELLO DE CONTAS - INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE DODRO DO EXERCICIO 2.009


O CONSELLO DE CONTAS INFORMA SOBRE AS CONTAS AUDITADAS DO EXERCICIO 2.009


O pasado día 28 de xuño o Pleno do Concello de Dodro tomou coñecemento do informe de fiscalización do Consello de Contas relativo ao ano 2009.

Con este informe ponse de manifiesto as numerosas irregularidades que acompañaron sempre ao goberno bipartito PSOE-BNG e durante a súa xestión ao frente do Concello.

Durante os 4 anos do bipartito tanto os orzamentos como as súas liquidacións fixéronse sempre fora do prazo regulamentariamente establecido (páx. 47).

Durante os 4 anos non se actualizou o inventario de bens de tal xeito que non coincidía en absoluto cas cifras que constan no balance (páx.12).

No apartado de persoal, o informe recolle expresamente a arbitrariedade ca que o bipartito aumentaba certos salarios e asignaba funcións que non correspondían aos traballadores afectados, sen que mediase xustificación (páx.17 e 21).

No apartado de selección de persoal, o Consello de Contas sinala claramente a vulneración da legalidade na convocatoria dunha praza de funcionario á que só era posible que optase unha persoa concreta, que xa era funcionario (páx.19), como así tamén se refire no mesmo sentido en relación á selección dun técnico sen cumplir os requisitos esixidos, e que recaen na mesma persoa que xa fora contratada o ano anterior.

 Pero o caso máis chamativo refírese ás remuneracións percibidas polo secretario en acumulación, que sendo secretario do Concello de Catoira, percibeu do Concello de Dodro importes como servizos de avogacía, e por outra banda, unha nómina como secretario, o cal está taxativamente prohibido pola normativa actual. Ata tal punto constitúe esto unha ilegalidade absoluta que o propio Consello de Contas fai indicación expresa ao Concello de Dodro para que proceda a esixir o reintegro das cantidades permitidas indebidamente (páx.20,21,24 e 48) que podrían superar os 30.000 euros.
 
No que se refire á contratación, o informe pon de manifesto a inexistencia do contrato de xestión de servizos para “Axuda no fogar”, a pesar de que polo seu importe existía a obriga de facelo.

Nas subvencións concedidas polo concello o informe revela a ausencia de criterios e xustificación para a súa concesión, o que constitúe un caso claro de arbitrariedade ca que eran concedidas.
 
Outro capítulo que merece especial atención é o relativo á contratación das obras. Segundo o Consello de Contas, as ofertas para as obras do Plan E incluso foron valoradas antes de que rematase o prazo de presentación , e nalgunha das adxudicacións se valoraron como máis ventaxosa a oferta que empregaba menos traballadores.

É revelador neste apartado a urxencia ca que se tramitano as contratacións co fin de rematar as obras, e nembargantes, estas despois foron rematadas 6 meses despois da prevista (“Area deportiva de Lestrobe”) (páx.31).

Pero resulta aínda máis sorprendente que se rexistrasen na contabilidade débedas ca empresa constructora dous meses antes de ter emitida a certificación da obra (páx.31).

Un exemplo claro, foi a obra “Pavimentación e saneamento en Imo”. O 30/12/2009 recóllese unha débeda de 16.775 euros, cando a factura é de 30/09/2010, e a obra foi pagada o 18/01/2012, é decir, pasados máis de 15 meses dende que se recollera en contabilidade (páx.34).